26

Xuñ

Mulleres coa vida escrita

19.30 h

Mulleres coa vida escritaO mércores 26 de xuño, ás 19.30 h, teremos connosco a Carme Vidal Laxe, que nos ofrecerá unha palestra co título de Mulleres coa vida escrita.

Son escritoras case descoñecidas, autoras de obras de carácter autobiográfico que deixaron memoria do golpe militar, o exilio e a represión franquista. Syra Alonso, Mercedes Núñez, Mariví Villaverde, Isabel Ríos, María Casares, Carme Parga, Silvia Mistral, María Tobío ou as irmás Teresa e Ana María Alvajar son algúns dos nomes destas mulleres que crearon un corpus que pasou case desapercibido e que merece ser recuperado non só polo seu carácter memorialístico senón tamén pola súa calidade literaria.

A súa vontade era denunciar o silencio e relatar unha historia que elas mesmas sabían que, de non ser polo seu testemuño, non sería contada. A literatura nace así da urxencia ética e política de transmitir o que viviron e darlle voz a quen non a ten. Con este fin, ás veces para legar ás propias familias outra para deixar pegada documental, crearon un conxunto de obras de grande valor que é tempo xa de reivindicar.

Carme Vidal Laxe é licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Xornalismo pola USC. Realizou o curso de posgrao Muller, traballo e sociedade (IDEGA-USC) e o mestrado universitario en Literatura, cultura e diversidade na UDC. Na actualidade forma parte do Consello de Administración da CRTVG. Exerceu como xornalista en A Nosa Terra e Sermos Galiza, foi asesora da Consellaría de Cultura (2005-2009) e responsábel de comunicación da vicepresidencia da Deputación da Coruña (2015-2021).

Publicou traballos sobre a recuperación da memoria das mulleres, entre elas, Mª Luz Morales, Ana María Alvajar, Pepa Noia, Maruxa Mallo, Syra Alonso e Mercedes Núñez. Coautora, xunto con David Barro, do libro de entrevistas Voces de Atlántica (2021).

Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña.

Se tes interese en asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies