O xoves 28 de abril, ás 19.30 h, Ánxela Cabanas falaranos da situación da autoría feminina na Galiza do século XIX.
Partindo da situación autoría feminina universal, fará unha viaxe até a autoría feminina na Galiza oitocentista, tomando como referencia principal a Rosalía de Castro, por representar un discurso que hoxe podemos cualificar como feminista e galeguista.
Ánxela Cabanas Fraga é graduada en Linguas e Literaturas Modernas (Francés) pola USC e mestra en Literatura, Cultura e Diversidade, alén de en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas pola UDC.
Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Tátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas.
As dúas sesións previstas terán lugar o 26 de maio e o 30 de xuño, e estarán ao cargo de investigadores e investigadoras noveis.