O mércores 21 de outubro, ás 19.30 h, no noso local da rúa Olmos 16-1º, Sofia Arangüena, xestora cultural e activista feminista, falará sobre o tema de Mulleres e Covid: onde estamos? cara onde imos?
Cales teñen sido os logros das mulleres nestes últimos anos enmarcados na cuarta ola feminista? Como foi a situación para as mulleres nesta crise sen precedentes? E, que solucións e oportunidades depárannos? Estes e outros temas parellos abordaranse coa idea de non dar un paso atrás en igualdade.
A actividade encádrase dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.