23

Ago

Mulleres Muro

20.00 h

No antigo cárcere, presentación da peza audiovisual Mulleres Muro de Pepe Galán. No ano 2011 o escultor Pepe Galán realiza para o Proxecto Cárcere a instalación Mulleres Muro, unha peza que se situaba á entrada daquel lugar tan ligado á represión e ao horror. Esa instalación percorreu logo diferentes espazos expositivos e na actualidade está no Museo Provincial de Lugo, mais agora ten unha nova fase nunha peza audiovisual de cinco minutos. La GaliceEsta obra, baseada na testemuña oral recollida por Luís Seoane no libro “La Galice sous la botte de Franco. Episodes de la terreur blanche dans les provinces de rapportés par ceux qui les ont vécus” Jean Flory, 1938, París (traducido ao galego “O QUE FIXERON EN GALICIA, 1936”. Fardel da Memoria, A Nosa Terra, 1998) conta a historia das mulleres que en agosto de 1936 fan do seu corpo un valo, un parapeto poñéndose diante do cárcere cada día e cada noite para impedir que se saian presos da cadea para ser “paseados”.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies