O 12 de novembro, ás 19.30 horas, Aurora Marco ofrécenos a palestra titulada Mulleres na República e na guerra civil.
Aurora Marco é doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Facultade de CC da Educación (USC), xubilada. Investigadora e ensaísta, é autora -entre outros- do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega.
A chegada da República, con mudanzas políticas e lexislativas de grande importancia, favoreceu a participación feminina na actividade político-sindical. A lembrar as achegas das galegas naquel período e na guerra (in)civil, e a represión posterior, dedicarase esta palestra.
Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.