O xoves 11 de maio, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos de Mulleres no western.
Asociamos o “western”, xénero emblemático do cinema estadounidense, a un imaxinario maioritariamente masculino –cando non machista– de vaqueiros, pistoleiros, cazarrecompensas ou soldados de cabalaría en guerra contra os indios. Mais é xusto recoñecer que en moitos westerns indispensábeis as mulleres tiveron unha presenza central, con “Johnny Guitar” como exemplo paradigmático. E máis xusto é recordar, ademais, que houbo mulleres cineastas que escribiron e dirixiron películas do oeste. Nesta sesión repasaremos algúns títulos e autoras fundamentais.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Esta palestra forma parte do ciclo Outras historias do cinema.
Se desexas asistir, envianos os teus datos a través deste formulario: