30

Xan

Murguía. Un século despois

19.30 h

MurguíaO luns 30 de xaneiro, ás 19.30 h, Henrique Rabuñal, escritor e profesor, ofrece, na nosa nova sede, na rúa Santo André, 36-1º, unha palestra sobre Murguía. Un século despois. 

Manuel Martínez Murguía (1833-1923) representou no seu tempo a entrega total a Galiza. Desde a política, o xornalismo, a historiografía e a Academia, consagrou a súa obra a fundamentar os alicerces da nación galega e defender a súa dignidade e soberanía. A súa biografía está moi unida á de Rosalía de Castro, Manuel Curros e Eduardo Pondal.

Cen anos despois do seu pasamento, Henrique Rabuñal apreixa a súa biografía intelectual para sabermos máis de nós mesmos, para calibrar a valía das súas achegas e dos seus devezos, sempre encamiñados no servizo a Galiza e na defensa dos seus intereses, dignidade e soberanía.

Se desexas asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies