O luns, día 2 de outubro, ás 19.30 h, organizamos unha palestra: Reivindicando o acceso á beleza. Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, con Mercedes Queixas, deputada do Bloque Nacionalista Galega, Carmela Galego, historiadora da arte, e Manuel Pérez Lorenzo presidente da AC Irmáns Suárez Picallo de Sada. Falarannos da situación actual do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside e das iniciativas levadas a cabo para que poidamos desfrutar do Museo Carlos Maside e que sexa declarado BIC.
Da man de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, un convenio entre o Laboratorio de Formas e Cerámicas do Castro, dá lugar á creación do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, que se inaugurou o 18 de maio de 1970. O obxectivo do museo era conservar e exhibir as obras de arte galegas da xeración de artistas dos anos trinta do século pasado, que rompeu coas normas tradicionais da plástica galega e que era descoñecida como consecuencia da golpe de Estado e da ditadura.
No ano 1982, o Museo trasladouse á súa sede definitiva, ao edificio deseñado por Andrés Fernández–Albalat, unha construción de tres plantas, con doce salas de exposicións e un auditorio deseñado por Díaz Pardo. Mais a chegada de novos xestores á Sargadelos propicia un abandono do Museo e o seu peche ao público. Créase, entón, un movemento cultural e político para reivindicar a necesidade de declarar BIC o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside mais tamén o conxunto do complexo de Cerámicas do Castro.
No mes de xullo deste ano reábrase, por fin, o Museo ao publico mais hai unha semana aparecía na prensa a noticia de que o administrador único de Sargadelos anunciaba o peche do Museo Carlos Maside, que só levaba reaberto pouco máis de dous meses.
Nesta palestra debateremos a situación actual e recolleremos propostas para avanzar na apertura definitiva e na protección do Museo e do conxunto do complexo de Cerámicas do Castro.
Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario: