04

Set

Visita guiada ao Museo de Ramón Cabanillas

12.00 h

Museo Ramón CabanillasO sábado 4 de setembro realizaremos unha visita guiada ao Museo de Ramón Cabanillas en Cambados. Será ás 12 h guiada polo deseñador Pepe Barro, responsable da musealización deste espazo.

O Concello de Cambados vén de abrir hai nada o Museo Ramón Cabanillas. Denominado O Poeta da Raza, Cabanillas, onsiderado como a síntese e superación do Rexurdimento participa cos membros das Irmandades da Fala en todas as empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista e colabora no xornal A Nosa Terra e convértese na voz lírica do movemento galeguista.

Como di Pepe Barro:

“Poeta da Raza, cando a ‘raza’ era pobo, consciencia de país; poeta irado, cando houbo que erguer a voz na defensa da terra asoballada, cando a terra estaba en pé desde Ortegal ao Miño; poeta lírico, cando o canto era cantiga popular, copra de Sarmiento, cantar de Rosalía, lied de Baldomir; poeta da saudade, cando Cambados era un lugar na ribeira daquela praia “que fixo persoalmente o noso Señor”; poeta celta do artúrico sagrado cando Excálibur estaba en Sálvora e o Sant Grial no Cebreiro; poeta das Irmandades da Fala, cando os ‘irmáns’ eran dignidade para o idioma e a nación; poeta do divino, cando Samos alumeaba Trasalba no nadal xeado de Otero; poeta coroado de loureiro rosaliano en Padrón, proa da Arousa, dorna das letras con Castelao, Dieste e Manuel Antonio, que “briosas van no navío” de Pai Gómez Chariño cara ao Mar Maior; poeta dramático cando a traizón foi ópera e fixo mártir O Mariscal, “novo Cristo galego”; poeta do mar e do vento no desterro cubano, cando a Habana era a capital de Galiza; poeta do amor nas cen follas do seu corazón. Cabanillas en doce palabras: poeta, galego, fe, familia, Cambados, fouce, ‘irmáns’, prelo, canto, escena, desterro, sempre. Cabanillas.”

Escultura de Pepe Galán

Peza escultórica de Pepe Galán

O desprazamento até alí debe facelo cada persoa polos seus propios medios.

O lugar de encontro será ás 11:45 na Praza de Fefiñáns. Nestes días hai na praza unha exposición do escultor Pepe Galán e diante dela será o lugar de encontro para ir logo ao Museo, moi preto do Concello.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies