Este sábado 1 de xuño, ás 19.30 h, no Museo de Belas Artes da Coruña, remata a segunda edición do Resis, Festival de Música Contemporánea. Faino co concerto de Haché Costa & Jacobo Gaspar: Música para unha época, baseado en obras do fondo do Museo de BBAA da Coruña.
Dous compositores galegos, Jacobo Gaspar e Haché Costa, presentarán dúas obras de música contemporánea inspiradas en dúas pezas do fondo do Museo de Belas Artes da Coruña, “Árbore” de Manolo Paz e “Amor Divino” do escultor coruñés Emilio de Madariaga.
O saxofonista Rafa Yebra e o percusionista David Rodríguez serán os intérpretes encargados de realizar a estrea absoluta destas dúas obras, nun concerto no que a música contemporánea e a escultura daránse a man coa axuda da poesía, a tratadística e a escenografía como elementos de conexión entre o sonoro e o visual.
PROGRAMA
Michael Finnissy, Kulamendilan.
Saxofón soprano e percusión.
Jacobo Gaspar, Resonancias Arbóreas.
–Baseada na escultura “Árbore” de Manolo Paz–
Estrea absoluta
Dai Fujikura, Sakana.
Saxofón tenor
Hachè Costa, Tratado Espiritual das Tres Vías || Amor Divino”
-Baseada na tala “Amor Divino”de Emilio de Madariaga–
Para saxofón e coitelo.
Estrea absoluta