O venres 4 de novembro, ás 19 horas, presentamos no noso local o poemario Na insônia cruel do relógio, de Antom Laia López, publicado por Medulia Editorial.
Con fermosas fotografías interiores a toda cor realizadas por Antom Laia e pola poeta Teresa Ramiro, estamos ante un libro de poemas de gran forza visual. A paisaxe, o amor pola natureza, pola terra ou o desexo, están presentes nestas páxinas.
Antom Laia é autor de varios poemarios, entre outros, Nas margens do tempo, No balouçar do vento e No cinzel livre das securas.
Acompañará ao autor na presentación a poeta Teresa Ramiro.
Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario: