O mércores 21 de setembro, ás 19.30 horas, presentamos no noso local o libro A Nación dos mil viños. A guía galega para adentrarse no mundo do viño, de Martiño Santos Canosa e Xosé Gontá Sobrino, editado por Laiovento, con ilustracións de Toño Núñez Amigo-Rivadulla.
Esta obra busca ser unha iniciación combinada á cultura do viño en xeral, á súa proba sensorial e o panorama concreto dos viños galegos. Neste libro atopamos os elementos máis destacados que inflúen no seu resultado final e tamén as chaves elementais para o seu goce e análise sensorial. E un repaso descritivo pola xeografía vitivinícola galega actual.
Martiño Santos e Xosé Gontá son sumilleres e socios de Vide, Vide! Espazo Enocultural, tenda e distribuidora especializada en viños galegos de pequenas producións e calidade diferenciada localizada en Santiago de Compostela.
O acto será presentado polo escritor Antonio Tizón.
Nesta presentación teremos ocasión de degustar algún viño galego.
PRAZAS ESGOTADAS!