10

Feb

Presentación de “Nas cortinas do tempo”

20.30 h

Nas cortinas do tempoO luns 10 de febreiro, ás 20.30 horas, presentamos no noso local o libro Nas cortinas do tempo, de Xosé Antonio Andrade Figueiras, de edicións Embora.

Moitos e variados enfoques para unha chea de traxectos reflexivos. Todos eles feitos dende a humildade ética e humanista, pola que o autor transita de xeito natural, con honestidade, razoando e interiorizando todo o que oe, ve ou toca, coa delicadeza deses seres cabais que se senten agradecidos por todo o que a vida lles ofrece, sen ignorar que a beleza máis excelsa alberga un resorte de imperfección que funciona como imprescindible motor de progreso.

Xosé Antonio Andrade Figueiras (Seavia-Coristanco, 1957) cursou o antigo Bacharelato na Academia LEUS de Carballo nos primeiros anos setenta. Licenciado en Dereito, desde 1988 exerce a avogacía na cidade da Coruña. Membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns e do Club de Oratoria e Comunicación Toast Masters International. Con Edicións Embora ten publicado Reválida de Sexto (2015), novela que iniciou a colección Costa da Morte. Outras obras súas son Seavia é nome de parroquia (2007) e Querida Paula (2012). É colaborador ocasional de prensa.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies