14

Mar

Presentación de “A necesidade de termos un feminismo galego”

19.30 h

A necesidade de termos un feminismo galegoO vindeiro luns 14 de marzo ás 19.30 h terá lugar no noso local a presentación do caderno A necesidade de termos un feminismo galego, a última obra que se suma á colección Ideas Impresas da Fundación Galiza Sempre.

Margarida Corral recolle neste exemplar un argumentario para facilitar o entendemento do contexto no que participaron moitas das feministas actuais, froito da experiencia persoal e colectiva dunha militante nacionalista e feminista do norte do país, e que desenvolve a súa actividade no sindicalismo.

No acto de presentación estará acompañando a autora Vitoria Louro, activista histórica do movemento feminista en Galiza e responsábel de Acción Feminista da comarca da Coruña.

Cada persoa que acuda ao acto poderá levar un exemplar do caderno.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies