28

Mai

Os nomes dos lugares

20.00 h

os nomes de lugarOs topónimos ou nomes de lugar representan unha importantísima parte do milenario legado cultural, lingüístico e histórico galego. Non en van, a metade do nomenclátor da península ibérica áchase na actual Galiza, nas rexións máis occidentais das provincias españolas de Oviedo, León e Zamora e no norte de Portugal, isto é, na antiga Gallaecia romana, xerme do reino galego medieval. Nesta ocasión, da man de Iván Méndez e Xosé Manuel Sánchez Rei, propómovos unha reflexión aberta sobre algúns dos nomes tradicionais da zona da Coruña, moitos deles perdidos mais outros aínda vivos hoxe en día, para nos aproximarmos indirectamente á lingua, á sociedade e aos modos de vida dos nosos antepasados.

O mal chamado debate toponímico impediu que na nosa cidade se recuperase a toponimia urbana (rúas e demais) e a microtoponimia. A iso contribuíu tamén a Xunta, que co seu nomenclator dá a imaxe de que A Coruña é unha vila pouco “galega” e con pouca toponimia. Pola contra, proxectos como o que levamos a cabo desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda deitaron luz sobre a vizosidade dos nosos nomes de lugares, especialmente na costa, con traballos como o de Xurxo Souto, Habitat Social etc.

O traballo de recuperación toponímico ficou incompleto, especialmente na parte da cidade que vai desde o Dique de Abrigo até A Pasaxe, unha franxa costeira sepultada polo cemento mais que, tendo en conta que no resto da costa hai máis de 200 topónimos actuais, habería que supor que nesta parte habería tamén, e moitos. Tendo en conta que grande parte da franxa costeira desapareceu hai moito tempo, o traballo de recuperación debe centrarse en mapas, roteiros, libros especializados e prensa.

Disto e moito máis falaremos o luns 28 ás 20 h.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies