03

Feb

Nomes galegos das constelacións

19.30 h

Constelacións en galegoO xoves 3 de febreiro, ás 19.30 h, Martín Pawley falaranos dos nomes galegos das constelacións.

En novembro de 2020 a Real Academia Galega aprobou unha proposta oficial dos nomes das 88 constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional, froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía da RAG e un equipo composto por Salvador Bará, Martin Pawley e Dosi Veiga. O lanzamento, por parte da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, dun moníptico cos mapas celestes dos hemisferios norte e sur, a primeira publicación que recolle todas as constelacións cos seus nomes en galego, serve de escusa para esta charla na que daremos conta deste proceso de normalización e exploraremos o (moito) que queda por facer no ámbito da astronomía.

Martin Pawley é membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e un dos impulsores da iniciativa.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies