28

Dec

Concentración: Non ao peche do MAC!

20.00 h

Non ao peche do MAC

NON AO PECHE DO MAC! CONCENTRACIÓN O VENRES 28 DE DECEMBRO ÁS 20:00 DIANTE DO MUSEO Av. de Arteixo 171. ACUDE E DIFUNDE!

Naturgy, unha empresa que cun nome ou outro leva décadas levando os nosos recursos naturais e enriquecéndose con eles mentres nós quedamos á miñoca, agora tamén quere levar o Museo de Arte Contemporánea, MAC, un dos museos máis importantes que temos no país. Unha fonte de riqueza, de creatividade, de imaxinación, unha luz e unha enerxía necesarias que tamén forman parte do noso alimento. Porque queremos seguir nutrindo o noso espírito e o noso corpo e ter futuro no noso país, porque a arte e a cultura son alicerces fundamentais, dicimos e reclamamos: NON AO PECHE DO MAC! CONCENTRACIÓN O VENRES 28 DE DECEMBRO ÁS 20:00 DIANTE DO MUSEO, Av. de Arteixo 171. ACUDE E DIFUNDE! Vémonos o 28 e non é broma!

Apoian: Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Asociación Cultural Maquinaria Pesada, BNG, CIG, Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros, Barrio de Eirís/Campo da Fresa, Avv Atochas Monte Alto, Asociación Veciñal Agra do Orzán, Asociación de escritoras-es en lingua galega – AELG, Ascociación Sociopedagóxica Galega – ASPG, A colectiva – asociación profesional de artistas de Galicia, Amigos dos museos de Galicia – Portas Ártabras, Comisión Aberta en Defensa do Común.

Se ti tamén queres apoiar desde a tua asociación, entidade ou a título particular, non tes máis que dicírnolo. O mesmo se queres participar na concentración aportando a túa creatividade! Non imos permitir que enterren a nosa cultura e nos impidan gozar da arte!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies