10

Dec

Non emigramos. Expúlsannos. Debate sobre a emigración galega actual

19.00 h

Via Galega, plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, da que a agrupación cultural Alexandre Bóveda fai parte, organiza este martes, día 10 de decembro, ás 19 hrs, no espazo Normal, dentro das instalacións da Universidade Senior da UdC (Paseo de Rolda, 49), aula 1, un debate sobre a emigración galega actual.

A actividade encádrase na campaña Non emigramos. Expúlsannos, coa que a plataforma está a exixir políticas e medidas que ataquen as causas do drama social e nacional da emigración galega.

No debate participarán o catedrático de análise xeográfica da USC, Rubén Lois, a profesora de socioloxía da UdC e investigadora do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais, Montse Golías, a consultora internacional, Iria Buxán, e o representante da Asociación de emigrantes retornados Marusía, Manuel Vázquez.

A actividade encádrase na campaña Non emigramos. Expúlsannos –soberanía para crear traballo digno na Galiza– que vén desenvolvendo a plataforma e coa que está a denunciar o drama social e nacional da emigración galega e a exixir a Xunta de Galiza que conciba este problema como unha emerxencia nacional e, por tanto, que outorgue prioridade ás políticas que ataquen as súas causas.

Dentro das actividades a realizar, para o sábado 14 de decembro convócanse simultaneamente concentracións diante dos concellos en todas as cidades e moitas vilas do país. Na Coruña será na Praza de María Pita ás 12 da mañá.

Emigración - Vía Galega

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies