18

Out

Presentación de “A nova orde (un camiño de esperanza)”

20.00 h.

A nova ordemO xoves 18 de outubro ás 20 h José Vieira presenta a súa obra A nova orde (un camiño de esperanza).

Este libro está escrito para ser unha ferramenta útil para quen teña a vontade de estudar o que está a ocorrer no universo do traballo. Sufrimos unha ameaza, máis que eminente, da automatización de moitas profesións e como tal, a perda de empregos.

Está na cabeza de todos os estudosos destes temas que esta revolución en curso, vai deixar un saldo negativo nos postos de traballo en xeral. Existe unha ameaza real e previsible de que o desemprego tende a aumentar, e os traballos que irán aparecendo, serán de mala calidade e con soldos ínfimos.

Fala tamén este libro de José Vieira das consecuencias inevitables que a perda de empregos vai ter no aumento da pobreza en España e máis do camiño inevitable a situacións cada vez máis graves de pobreza severa.

A Renda Básica incondicional é outro dos temas a tratar,  e de como se pode financiar  esta Renda Básica Incondicional, segundo o estudo de financiamento, levado a efecto por Jordi Arcarons, Daniel Raventós e Lluís Torrens entre outros

José Vieira naceu nos anos 40 en Portugal. A súa formación académica pasa polas áreas de economía e matemáticas. Sempre tivo unha forte inclinación polas ciencias sociais e polas desigualdades sociais en particular. Tamén manifestou sempre un grande interese polas artes, especialmente a pintura, a escultura, a poesía e as artes dramáticas. Amante da historia contemporánea, a local e a rexional. Colaborador en xornais portugueses durante décadas. É un grande apaixonado polas viaxes e sobre todo pola África Oriental. Actualmente vive en Galiza.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies