18

Xul

Presentación de “O atentado de Ulrike Meinhof”

20.00 h

 

[Berlín oeste]
Berlín esa noite estaba máis escuro.
Saimos da casa, vestidos de negro
e con pasamontañas. Collemos o auto
que nos prestara un amigo
e avanzamos pola estrada.
Noite. Escuridade. Acción directa.
Os nervios de ser a primeira vez.
Si, os nervios do primeiro atentado.
Que pasará? — pensaba —
Con todo, tiña a cabeza fría.
Estaba segura. Tiña que saír ben.
Todo estaba calculado.

(p.25)

voe! evoeh!

 

O atentado de Ulrike Meinhof

O xoves 18 de xullo, ás 20 horas, no noso local, a Editora Urutau presenta o poemario “O atentado de Ulrike Meinhof” da autora coruñesa Ronsel Pan.

Ronsel Pan é xornalista, escritora e artista visual galega. Licenciada en Ciencias Políticas —especialidade Relacións —, na USC (2003) cunha beca Erasmus no Institut d’études Politiques de París. Realiza un dea chamado Temps et Territoires na Académie de Nantes (2004). No ano seguinte traballa cunha beca Leonardo da Vinci da Universidade de Salamanca no Cinema de Art et Essai Les Cineastes, na Loire. Desde Comunicación Audiovisual (USC) realiza un inercambio na Escuela Nacional de Artes Plásticas (UNAM). Cursa o Master en Literatura e Cultura (UDC); expón na Galería 124 de México D.F. Vacacións en gris e negro e Constructio; accede a Medicina no 2015 (USC); asina os seus primeiros libros na editorial madrileña Letras de Autor: Onte e Gauloises; publica videos en Palabra Audiovisual da AELG. Curadora na Revista Palavra Comum. Participa no Festival de poesía Alguén que respira (Santiago de Compostela) e na SELIC. É membro da AELG, do Colexio de Xornalistas, de Crea e de Cima.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies