16

Xul

O borrado das mulleres trans

19.00 h

O borrado das mulleres transO xoves 16 de xullo, ás 19 horas, no noso local teremos unha mesa debate sobre “O borrado das mulleres trans”. Esta actividade inscríbese no ciclo Mulleres e realidades comúns e contamos coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.

O feminismo galego maioritariamente caracterizase por ser inclusivo. Nestes momentos estase a vivir un ataque en forma de veto cara a algunhas compañeiras polo feito de ser trans, por parte dun feminismo hexemónico. O obxectivo desta mesa debate é explicar porqué está a suceder e aclarar todos os bulos que hai o redor.

Intervirán: Daniela Fernández, historiadora e activista trans; Sara Romero, activista feminista na MMM e Cristina Bajo, activista feminista ex_hexemónica.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies