15

Mai

O cerne galego da Coruña

20.00 h

Cabeceira A Nosa Terra

O martes, día 15, ás 20 horas, José María Monterroso Devesa e Avia Veira falarán sobre O cerne galego da Coruña.

Fronte a discursos e clichés que nos queren presentar A Coruña como cidade española e ata como unha cidade-estado, idea fundamentada na ignorancia pero non na falta de intención, amosaremos como a través da historia, A Coruña foi e segue sendo cerne de galeguidade. Malia ter a cidade da Coruña unha presenza marcada por elementos foráneos, tales como o funcionariado civil (Real Audiencia), como o militar (Capitanía Xeral) nesta cidade tivo sempre unha grande vitalidade a actividade arredor da lingua e a cultura galega.

En 1810 imprímese na cidade da Coruña o primeiro libro en galego; os irmáns De la Iglesia crean O vello do Pico Sagro, a primeira publicación periódica en galego; na Coruña organízanse os 1ºs Xogos Florais de Galiza; representase A fonte do xuramento, a primeira obra teatral en galego…

Para enchernos de argumentos e para poñer en común o que sabemos: martes 15 ás 20 h, O cerne galego da Coruña.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies