A plataforma cívica GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR da que a agrupación cultural Alexandre Bóveda fai parte organizan o acto público: O DEREITO A DECIDIR: MONARQUÍA OU REPÚBLICA, o martes 15 de outubro, ás 19 horas, no salón de actos da ONCE no Cantón Grande.
Intervirán:
Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da USC; vicerreitor de Relacións Institucionais desa universidade (2007-2010); dirixiu o Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia; director da Cátedra Juana de Vega de USC. Publicou numerosos traballos e libros, entre eles, Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura e Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo. Articulista e participante en tertulias de diversos medios de comunicación.
Xoán Antón Pérez-Lema. Avogado. Xefe de Gabinete de Presidencia da Xunta (1987-1990); Asesor Xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1998); Secretario Xeral de Relacións Institucionais (2007-2009). Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados da Coruña e profesor da Facultade de Ciencias sociais da Universidade de Vigo. Articulista en diversos medios e participante en tertulias.
Presenta: Irene Tomé Urresti. Xornalista, integrante da CRMH.