O mércores 18 de outubro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo dedicado ao centenario de Seminario de Estudos Galegos, Xosé A. Fraga ofrécenos a palestra O encontro do galeguismo coas ciencias.
O SEG creou varias seccións relacionadas coas ciencias: as de Ciencias, Fisioloxía e Xeoquímica. Integrantes desas seccións publicaron os primeiros artigos técnicos de investigación científica en galego. A liquidación do Seminario foi un proceso confuso que deixou no aire bastantes preguntas
Xosé A. Fraga Vázquez, catedrático de Bioloxía xubilado, coordinou o Grupo de Traballo de Historia das Ciencias do novo SEG, dirixiu os Museos Científicos Coruñeses e o Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
Con esta palestra seguimos con este ciclo que continuará con Teresa López (25 de outubro) e con Encarna Otero (8 de novembro).
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: