26

Nov

Presentación de “O Escudo do Reino de Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional”

19.00 h

O escudo do Reino de GalizaO venres 26 de novembro, ás 19 h, presentamos O Escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional, de Héitor Picallo.

Héitor Picallo explica neste ensaio a importante presenza do escudo en Europa dá conta da dimensión internacional do Reino da Galiza. Se a cartografía árabe ou europea achega até o século XV unha Galiza diferenciada de España, denominación reservada durante a maior parte da Idade Media para referirse á área peninsular de hexemonía musulmá, a heráldica informa do relevo internacional da Galiza e da súa consideración como unha realidade que preserva aínda un carácter diferenciado nas posesións dos reis da casa de Austria.

Publicado por Sermos Galiza o libro -con 224 páxinas a toda cor e máis de 150 ilustracións- amplía en 8 capítulos o traballo inicial do coleccionábel de Nós Diario, facendo unha revisión do publicado para ofrecer unha visión máis completa da orixe do escudo galego.

Intervirán, ademais do autor, Xoán Costa e María Xosé Bravo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies