O venres 15 de novembro, ás 19 h, a AC Alexandre Bóveda e Esculca organizan a palestra O estado das prisións en Galiza con Yolanda Ferreiro, membro de Esculca (Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades) e Jorge del Cura, durante anos membro da CPDT, Coordinadora para a Prevención e Defensa contra a Tortura.
Situación de malos tratos e tortura nos centros de detención e prisións no estado español, con referencia a situación mais vulnerable de migrantes, menores e mulleres e en particular a situación das cadeas en territorio galego.