O xoves 10 de decembro, ás 19 horas, falaremos no noso local sobre O feminismo no sindicalismo: tempos de loita. Intervirán Patricia Cordo, delegada da CIG, e Mari Carmen Rial, delegada da CUT.
As duas poñentes farán unha análise dende a súa experiencia de mulleres sindicalistas e traballadoras en sectores feminizados e precarios, partindo dunha análise sociolaboral da situación actual, onde a pandemia, a avaricia das empresas e a desprotección social cebouse especialmente coas mulleres no eido laboral.
A actividade encádrase dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.