24

Out

O futuro. Un mundo feliz?

19.30 h

Pensando o futuroO luns 24 de outubro, ás 19.30,  e dentro do ciclo Pensando o Futuro, Antonio Brea ofrécenos unha palestra co título O futuro. Un mundo feliz?

Que podemos agardar do futuro inmediato ante a irrupción da chamada cuarta revolución industrial? Estamos ante o principio do fin da historia que predicaba Fukuyama? É inevitable o establecemento dalgún tipo de sociedade distópica? Até qué punto poden resultar reveladoras as visións do futuro procedentes da ficción literaria e cinematográfica?

Tentaremos facer un exercicio de especulación sobre os perigos e desafíos que nos agardan.

Antonio Brea Ramos é licenciado en Historia e diplomado en Dirección Cinematográfica, e os seus intereses, aínda que moi variados, céntranse na utilización do cinema para o estudo, o ensino e a divulgación da Historia.

Este ciclo seguirá durante catro luns máis entre outubro e decembro, sempre ás 19.30 h. Dialogaremos, ademais de con Antonio Brea, con Iria Veiga, Óscar Pazos, Hugo López e Helena Miguélez-Carballeira.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies