20

Out

O galeguismo no exilio mexicano

19.30 h

Uxío-Bregoán DiéguezO 20 de outubro, ás 19.30 horas, Uxío-Breogán Diéguez ofrécenos a palestra titulada O galeguismo no exilo mexicano.

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona. Profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica. Autor de numerosas investigacións e libros sobre historia política e movemento obreiro como, entre outros, Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos (2003) ou Nacionalismo galego aquén e alén do mar 1936-1975 (2015).

En México o galeguismo político organizou cos primeiros exiliados un nutrido grupo após o golpe militar de 1936, no que destacaron figuras como Florencio Delgado Gurriarán, Luísa Viquiera Landa e Luís Soto. Aquel grupo deu lugar a organizacións e publicacións de enorme interese, caso do Padroado da Cultura Galega e Vieiros, respectivamente.

Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.

Para participar cómpre inscribirse mediante o seguinte formulario:

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies