O xoves 16 de decembro, ás 19.30 horas, Uxío-Breogán Diéguez ofrécenos a palestra titulada O galeguismo no exilo mexicano.
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona. Profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica. Autor de numerosas investigacións e libros sobre historia política e movemento obreiro como, entre outros, Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos (2003) ou Nacionalismo galego aquén e alén do mar 1936-1975 (2015).
En México o galeguismo político organizou cos primeiros exiliados un nutrido grupo após o golpe militar de 1936, no que destacaron figuras como Florencio Delgado Gurriarán, Luísa Viquiera Landa e Luís Soto. Aquel grupo deu lugar a organizacións e publicacións de enorme interese, caso do Padroado da Cultura Galega e Vieiros, respectivamente.
Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.