O xoves 22 de xuño, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Aula Aberta que facemos en colaboración coa UDC, Serxio Couso ofreceranos unha palestra baixo o título O Maroutallo: desexo, mímese e disforia nunha obra de Otero Pedrayo.
Na palestra realizarase unha lectura en chave de xénero da última obra narrativa publicada en vida por Ramón Otero Pedrayo, O Maroutallo (1974), co obxectivo de reflexionar sobre o proceso de construción da identidade das mulleres, sempre mediada polo vínculo que os homes estabeleceron con elas. A través da análise das accións e pensamentos da súa protagonista, indagarase nas mulleres como suxeitos con desexo sexual, nos mecanismos de socialización feminina e na realidade dos corpos non-normativos.
Serxio Couso é graduado en Galego-Portugués e graduado en Español pola Universidade da Coruña. Actualmente está a cursar o Mestrado en Formación do Profesorado na Universidade de Santiago.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: