04

Xuñ

Presentación de “O militante”, de Afonso Eiré

19.30 h

O militanteO martes 4 de xuño, ás 19.30 h, presentarase no noso local o libro O militante, de Afonso Eiré. 

A verdade tranquiliza ou desacouga? Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con n° 68 da cidade da Oliva.

Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais episodios económico-políticos nos que participou como dirixente nacionalista e como presidente do Comité de Empresa de Caixasur. Para Martiño, a súa vida e a de milleiros de cidadáns da Oliva sería totalmente distinta se non saldasen Caixasur, pois foi aí onde comezaron a maioría dos problemas.

Este libro está escrito para aquelas persoas que queren saber, seguindo a máxima de John Berger de que «a imaxinación non é a capacidade de inventar, senón a capacidade de desvelar o que existe».

Afonso Eiré López, Laxe, Chantada, (1955). Xornalista e escritor. Des que no 1998 viu a luz Amigos Sempre, leva publicados máis de vinte libros, tanto de ficción como de ensaio e de investigación. Con Hércules de Ediciones saíron do prelo Belesar, o orgullo de España (2013), Eu estaba alí (2014), O Piloto, O último guerrilleiro (2015), Galegos universais, Fidel Castro “neto de galegos pobres” (2016), A morte do meu pai (2017), Memorias dunha vaca marela (2018), A maxia da auga (2020) e Ausentes (2022).

Acompañará ao autor o escritor Xoán-Ignacio Taibo.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies