10

Xuñ

O noso lugar no universo, unha breve historia da astronomía

20.00 h

O sistema solarO luns 10 de xuño, ás 20 horas, Martin Pawley ofrece unha palestra sobre a historia da astronomía co título de O noso lugar no universo, unha breve historia da astronomía.

Desde a antigüidade até os nosos días, a observación e o estudo do firmamento axudounos a entender cada vez mellor como é o universo en que vivimos. E con iso aprendemos tamén que nós non somos o centro de nada, que as estrelas se contan por trillóns (e con elas os planetas, probabelmente) e que a Vía Láctea é apenas unha galaxia máis canda outros centos de miles de millóns. Nesta charla faremos un rápido percorrido polos cambios que experimentou a nosa visión do universo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies