09

Xul

O pasado escravista da Coruña

19.30 h

pasado escravista da CoruñaO martes 9 de xullo, ás 19.30 h, Antonio López Mariño falaranos do pasado escravista da Coruña.

Ser dono dunha persoa negra era, para a aristocracia e alta burguesía local coruñesa, unha marca distintiva da súa preeminencia social. No mundo de hoxe non acostumamos lembrar que, hai só dous séculos, o feito de ter persoas sometidas dentro da casa ou da facenda era algo normal dentro do círculo dos potentados, normalmente vencellados ao comercio e á industria, áreas punteiras daquela Coruña á que se lle abriran as portas do comercio con América.

Antonio López Mariño é xornalista, con querencia pola investigación histórica.

Esta actividade fai parte do ciclo Revisar os marcos que realizamos en colaboración coa Fundación Luzes e que trae cada mes unha palestra sobre o tema central da revista.

Se queres participar, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies