O venres 9 de abril, ás 19 h, estrease no noso local a curta O que tiras ao mar coa asistencia do seu director Federico Rioboo e o actor principal Serxio Domínguez Louro. É unha produción do Concello de Cee co apoio da A. C. Alexandre Bóveda.
Os autores do guión son o cabanés Federico Rioboo e Roi Parada. A música foi composta por Fernando Fraga e María Lijó é a autora do póster.
O elenco de actores e actrices está conformado por Toño Casais, Serxio Domínguez, Isabel Vallejo, Nerea García, Saray Pérez, Mauricio Abejión, Yolanda G. Leal e Moncho Iglesias.
A curta preséntanos a Antón, que sae do cárcere cun permiso para coidar o seu pai que está enfermo. O mesmo tempo tratará de ser perdoado pola familia a que danou no pasado. Un encontro casual nun bar poñerá os protagonistas de fronte ao espello da posibilidade de perdoar ou non.
Federico Rioboo propón un cine baseado na idea “pinta a túa aldea e pintarás o mundo”.
O título basease na frase mariñeira “o que tiras ao mar, o mar devólvecho”.