06

Mai

Proxección de “O Soño de Papá”

19:30 h

O soño de papáA asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e a Asociación cultural Alexandre Bóveda proxectan O Soño de Papá no Fórum Metropolitano o luns 6 de maio ás 19:30.  O documental, de Xamalufilmes, está dirixido por Xavier Bermúdez.

Sinopse

É moi difícil medir a importancia social que ten o fútbol hoxe en día, pero podemos aseverar que é, sen dúbida, o espectáculo que goza dunha maior atención en todo o mundo. Cando hai un partido importante, non hai cidade, deserto ou selva no planeta no que non se estea seguindo, sexa do modo máis precario ou do tecnoloxicamente máis sofisticado. Un futbolista europeo con certa sona ten seguidores propios en Asia, Nova Zelanda ou África. Internet multiplicou os modos de conexión entre seguidores e protagonistas. De feito, algúns partidos da liga española ou da inglesa prográmanse para ser comodamente vistos en China. O fútbol é un dos momentos estrela de calquera informativo televisivo ou radiofónico, e a cantidade de cartos que move é igual de espectacular.

Ante este panorama, chegar a formar parte da elite futbolística é un soño polo que loitar. Quizais polo que hipotecar a tranquilidade dunha familia. Un soño ao que dedicar unha infancia.

Dos pícaros futbolistas trata O SOÑO DE PAPÁ.

A entrada é de balde ata completar a capacidade.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies