29

Abr

Presentación da obra dramática completa de Manuel Lourenzo

19.00 h

Obra Manuel LourenzoO venres 29 de abril, ás 19 h, no Circo de Artesáns (rúa Santo André nº 36) Galiza Cultura, a Federación de Asociacións Culturais da que ACAB fai parte, presenta no Circo de Artesáns a obra dramática completa de Manuel Lourenzo.

Manuel Lourenzo é a figura central do teatro galego contemporáneo. E proba diso son as máis de 5000 páxinas de obra dramática; a súa intervención como actor e/ou director en máis de 200 espectáculos teatrais e en 15 filmes; o seu inmenso traballo como tradutor, ensaísta, conferenciante, formador, impulsor de iniciativas…

A Federación Galiza Cultura está a publicar a súa magna obra teatral, organizada cronoloxicamente en 7 volumes dos que o día 29 presentaremos os catro primeiros xa impresos.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies