O venres 28 de xaneiro, ás 19.30 h, Miro Villar falaranos da obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán.
Miro Villar analizará a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu artigo de 2006 –na revista Raigame–, “O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán”, fará unha (re) lectura da obra deste poeta galego no exilio mexicano. Estudo –da súa autoría– que en forma de libro vai publicar en Edicións Xerais.
Miro Villar é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, profesor de Lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario. Un dos primeiros estudosos da poesía de Florencio Delgado Gurriarán e un referente para coñecer e entender a obra do escritor valdeorrés (Letras Galegas 2022).