29

Out

Presentación da obra teatral de Manuel María

20.00 h

Obra teatral de Manuel MaríaA obra teatral de Manuel María, que vén de saír do prelo da man da Casa-Museo do escritor, será presentada o luns día 29 na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A publicación, baixo a edición da profesora da UdC María Pilar García Negro, recolle nun único volume de setecentas corenta páxinas, a produción teatral de Manuel María. Trinta e tres pezas, moitas delas inéditas e inaccesíbeis, que dan mostra da súa salientábel e importante achega ao teatro galego e o lugar sobranceiro que a dramaturxia ten na súa obra literaria.

Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, e María Pilar García Negro, responsábel da edición, serán as persoas encargadas de presentar o volume ás 20 horas.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies