03

Xul

Obradoiro de alimentación saudable

19.30 h

Uxía R. Lavandeira - Alimentación saudableO mércores 3 de xullo, ás 19.30 h, teremos un obradoiro de alimentación saudable con Uxía R. Lavandeira.

Este taller está deseñado para proporcionar coñecementos prácticos sobre a alimentación diaria e destacar os beneficios dunha alimentación equilibrada. Aprenderás sobre os diferentes tipos de alimentos e a importancia dos hábitos alimentarios no crecemento, a saúde e a prevención de enfermidades. Ademais, recibirás recomendacións para unha alimentación saudable, como balancear o teu prato e como ler as etiquetas de nutrición.

Uxía R. Lavandeira, é dietista nutricionista, presidenta do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia. Foi  bolseira investigadora da Unidade de Nutrición Clínica e Dietética do CHUAC e na actualidade  é coordinadora de Rede Galega de Promoción da Saúde da Consellería de Sanidade.

Se tes interese en asistir a este obradoiro, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies