29

Set

Roteiro “Oficio do mar” con Xosé Iglesias

12.00 h

Xosé Iglesias

“creo no mar
útero azul
patria dos ronseis”

O sábado 29 ás 12 h realizaremos un roteiro ao lado do mar para gozar dos saberes de Xosé Iglesias (*): mar, poesía, pesca, paisaxe e sobre todo a palabra, do riseiro e das rabizas, da falsa e dos miños… mais tamén falaremos dos gobernos que levan aos mariñeiros a unha situación de abandono total porque xa sabedes ”que as sardiñas volverían se os gobernos quixesen”.

Sairemos do mirador de Berbiriana, alí na Pena das Catro Cachas (para os que non saibades quedamos diante da fonte dos surfistas) e logo As Mourozas… até O Areal.

Acompañaranos Iván Méndez López para poñer o nome axeitado a cada lugar porque a toponimia constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio.

(*) Xosé Iglesias, mariñeiro e poeta, autor de A relixión do mar (Instituto de Estudos Miñoráns, 2016) e Transfusión oceánica (Caldeirón, 2014)

Para participar, fai a túa inscrición a través deste formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies