O venres 21 de outubro, ás 19.30 h, inauguramos no noso local a exposición colectiva do Colectivo Ollo de Vidro co título Ollando ao mar.
O mar
Este mar que proporciona espazos de lecer, tanto ao carón das áreas das súa praias brancas como nos fondos azuis das augas claras.
Ese espazo infindo onde traballan, viven, sofren, e mesmo morren, persoas mariñeiras.
Espazo, tamén onde asentan os plásticos e outros contaminantes, irresponsablemente depositados e onde a vida dos seres acuáticos é cada vez máis difícil.
Auga necesaria para o sustento da vida no planeta sen a cal sería unha pedra vagando no universo.
Permite, tamén, o intercambio de culturas, linguas, ideas, instrumentos, maneiras de vivir diferentes, que nos fan avanzar e descubrir novos horizontes.
Inspirou a moitas persoas para escribir, pintar, fotografar, musicar; Homero, Manuel Antonio….
É un espazo de imaxinación e aventuras, onde habitaron Ulises ou o capitán Nemo; máis cerca de nós as Maruxainas gardan o mar e os seus moradores.
Nel habitan mariñeiros poetas que viran os poemas cando o mar enche a imaxinación.
Son espazos brancos onde nos perdemos nun mundo de desexos.
O mar dá vida farturenta e tamén reclama vidas de quen o acompaña na eterna fusión entre a vida e a morte.
Enredando Poemas:
Este oucéano desatracou d’as costas
…e os ventos d’a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
…As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d’o reloxe
…Pero tamén sabemos a maniobra
d’os navíos que fondean
a sotavento d’unha singladura.Manuel Antonio (fragmento de “SÓS”)
As obras pertencen a Calros Silvar, Chelo do Xastre, Eduardo Castro, Lestonnac, Manolo Graña, Nicolás Serantes, Xurxo Guitián, Ernesto Gómez e Manuel Bouzón.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: