06

Mar

Proxección de “Onde máis doe”

19.30 h

Onde máis doeO luns 6 de marzo, ás 19.30 h, proxectamos no noso local o filme da cineasta Manane Rodríguez, Onde máis doe, un documental sobre a violencia vicaria.

Manane Rodríguez analiza neste filme o caso do asasinato dun neno en Oza, un feito espantoso de violencia vicaria que o pai cometeu para vingarse da nai, facéndoo, precisamente, «onde máis doe».

Despois de ameazar durante anos ao seu ex parella, Marcos M. asasina a golpes de pa ao seu fillo de 11 anos. Un ano despois un Xurado Popular condénao por asasinato (matar facendo uso pleno das súas facultades) e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai.

Onde máis doe é un documental imprescindible sobre ese horror inaceptable nunha sociedade civilizada. Está nas antípodas do tratamento sensacionalista co que adoitan tratarse estes dramas.

Contaremos coa presenza da súa directora Manane Rodríguez.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies