17

Feb

Outras historias do cinema. As orixes do cinema afroamericano

19.30 h

Within our gates

Fotograma do filme “Within our gates” (Oscar Micheaux, 1920)

O xoves 17 de febreiro, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local a palestra Outras historias do cinema. As orixes do cinema afroamericano.

Nunca hai unha historia única, tampouco no cinema. Hai infinidade de historias que merecen ser coñecidas e axudan a entender que a creación fílmica foi sempre moito máis diversa do que tradicionalmente se contou. Empezamos a relatar outras historias do cinema dando conta das orixes do cinema afroamericano: películas feitas por cineastas negros nun tempo en que nos Estados Unidos a discriminación racial era aínda a norma.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Con esta palestra comezamos un ciclo, OUTRAS HISTORIAS DO CINEMA, que nos levará até xullo cun encontro mensual, os primeiro xoves de mes (3 de marzo, 7 de abril, 5 de maio, 9 de xuño e 7 de xullo) repasaremos, con Martin Pawley, esas historias do cinemas que ben merecían ser máis coñecidas.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies