21

Mar

A orografía da cidade na palabra

17.30 h

Día da poesía 2022O luns 21 de marzo, ás 17.30 h, diante do Teatro Rosalía de Castro, queremos festexar o DÍA DA POESÍA, e ímolo facer dun xeito moi especial: a través da selección musical de Saya Mohamed e o recitado de Nuria Vil, mergullámonos nas paisaxes sonoras de Rosalía de Castro, Luz Pozo, Luísa Villalta, Pilar Pallarés e Nuria Vil. Música e palabra falada para celebrar a poesía a pé de rúa.

Saya Mohamed
Autodefínese como artista multipotencial, investigadora musical e activista antirracista. Sempre envolta en iniciativas audiovisuais, sitúase no eido musical actual como DJ multixénero, influenciada pola súa orixe palestina e os diversos mundos culturais e artísticos que a arrodean.

Nuria Vil
O seu traballo artístico envolve a palabra falada e o diálogo entre distintas artes para levar a poesía máis aló da escrita. Canda Vanessa Glemsel, forma parte do espectáculo de poesía escénica Dúas gamberras e un micro e da plataforma literaria A Sega. Comparte un proxecto de música experimental e poesía oral a carón de Olga Martínez, imparte obradoiros de creación poética e palabra falada, e xestiona un perfil na plataforma de mecenado Patreon.

Esta actividade está realizada en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies