17

Xuñ

Presentación de “Os anos do silencio”

19.00 h

Os anos do silencioO venres 17 de xuño, ás 19 horas, presentamos o libro de Xerais Os anos do silencio, de Xosé Álvarez Castro.

Con Os anos do silencio amplía tanto espacial como temporalmente a investigación iniciada na obra anterior Pontevedra nos anos do medo da que está practicamente esgotada a 2ª edición. O libro analiza as características que tiveron a represión e a resistencia contra o réxime no primeiro franquismo. Trátase de xeito especial a represión económica, a sufrida polas mulleres, a masonería e a efectuada contra a oposición política. Analiza as diversas formas de resistencia, tanto mediante os grupos de oposición política, as estratexias de resistencia dispersa, así como a resistencia armada e os grupos guerrilleiros que actuaron na provincia. Pretende combinar un enfoque didáctico e divulgativo co rigor na utilización de abundantes e variadas fontes documentais.

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre, licenciado en Xeografía e Historia . Profesor de historia xubilado. Autor de artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas, participando como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario. Mantén na rede dende 2008 o blogue Pontevedra nos anos do medo dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. É autor das obras Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939). Vigo: Edicións Xerais, 2013; Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión. Pontevedra: CMVMC de Mourente, 2016 e Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951). Vigo: Edicións Xerais, 2022.

O acto, organizado pola Cátedra de Memoria Histórica da UDC e pola asociación Alexandre Bóveda, contará coa presenza de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, director da Cátedra, e con Xosé Álvarez Castro, autor do libro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies