O venres 11 de xuño, ás 19 horas, e dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres, ofrecemos no noso local a palestra Os delitos sexuais: análise desde unha perspectiva de xénero, con Ana López-Suevos, maxistrada.
Nesta palestra analizarase porque a problemática dos delitos sexuais debe ser afrontada desde unha perpectiva de xénero.
- Tipoloxías actuais de delitos sexuais.
- A vitimización secundaria que provoca a tramitación deste tipo de delitos desde a fase de detección, denuncia, investigación e axuizamento.
- Presentación do protocolo de actuación en materia de delitos sexuais aprobado no partido xudicial de Santiago de Compostela co fin de lograr unha maior eficacia na investigación destes delitos e reducir a vitimización secundaria.
PRAZAS ESGOTADAS!