28

Mai

Os malestares das mulleres e as opresións que os provocan

19.00 h

Malestares das mulleresO venres 28 de maio, ás 19 horas, e dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres, ofrecemos no noso local a palestra Os malestares das mulleres e as opresións que os provocan, con Lola Ferreiro, activista feminista e psiquiatra.

Considerar a saúde desde un só modelo (o masculino) implica discriminar, unha vez máis, á metade da poboación.

A construción do xénero vai parella á construción da saúde e os trazos que determinan as desigualdades e as violencias provocan tamén moitos dos malestares que sufrimos. Asemade, estes malestares son abordados nas consultas sen ter en conta as opresións (patriarcais) que os provocan. No faladoiro, revisaremos as claves dos ditos malestares, do maltrato institucional que sufrimos cando aparecen e dalgunhas alternativas para resolvelos ou, cando menos, diminuílos.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies