25

Xuñ

Os reis e as raíñas da Galiza

19.30 h

Os reis e as raíñas da GalizaO martes 25 de xuño, ás 19.30 h, acollemos a presentación do volume Os reis e as raíñas da Galiza, asinado polos investigadores Alexandre Peres Vigo, Héitor Picallo Fontes e Xosé Ramón Ermida Meilán e editado por Sermos Galiza.

No acto intervirán Alexandre Peres Vigo, profesor da Universidade da Coruña (UDC), e un dos autores e Xoán Costa Presidente do Consello de administración de Sermos Galiza.

Neste libro poderán coñecerse os monarcas suevos, protagonistas dunha das historias máis extraordinarias e mellor documentadas da Europa dos séculos V e VI, aos que a Galiza lles debe o feito de se ter erixido, desde o ano 411, nun reino dinámico e innovador, na que brillaron eruditos cristiáns como Hidacio (390-469) ou Martiño de Dume (515-580).

Esta publicación é un instrumento esencial para resistir o dominio doutras narrativas hexemónicas que presentan a Galiza como parte dunha periferia. Desde a antigüidade foi a posición na beira atlántica a que lle deu un papel central no desenvolvemento da economía ibérica.

O estudo desenvólvese con perspectiva de xénero, un elemento transversal na totalidade dos contidos. Por este motivo, estúdanse as biografías de 17 raíñas galegas co obxectivo de pór en valor o papel central que desenvolveron ao longo da historia. Entre algunhas destas mulleres, afóndase nas figuras de Elvira Mendes (864-921), Adosinda Guterres (934-964), Urraca I (1081-1126), Xoana I de Castro (finada en 1374) ou Xoana III de Trastámara (1462-1530).

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies