03

Nov

Os xogos do Barroco. Códigos, artistas e modelos na configuración dun estilo.

19.30 h

Vila Mateus en Vila RealO venres 3 de novembro, ás 19.30 h, comezamos con Miriam Elena Cortés, doutora en Historia da Arte e profesora na USC, un ciclo dedicado ao Barroco.

Nesta palestra Mirián Cortés falaranos de como a definición dos estilos artísticos constitúe un proceso relativamente recente, que forma parte da Historia da Arte como disciplina. Ao longo do século XIX, o recoñecemento das identidades nacionais favorece e reforza aqueles estilos que mellor definen ao pais.

Dentro deste contexto, o termo Barroco empregouse para referir de xeito despectivo un estilo superfluo, recargado de ornato e de exceso formal, que caracteriza a arte e a arquitectura dun determinado momento, os séculos XVII e XVIII.

A configuración deste estilo, o vocabulario formal que o rodea, así como o seu reflexo nas disciplinas artísticas será o obxecto de reflexión nesta charla.

A formulación do Belle Compostum, do Horror Vacui, a alteración da orde establecida, as escolas moderna e clásica. O xogo cos recursos plásticos. Ningún estilo resulta mellor que o Barroco para demostralo.

Este ciclo que este venres comezamos dedicado ao BARROCO volverá a sinalar a Idade Moderna en Galiza como nun gran foco artístico. O barroco consolida unha linguaxe estética propia e ligada ao (noso) territorio.

Con este ciclo aproximarémonos ás distintas aristas da arte barroca: arquitectura, escultura, lingua, literatura, música, e que ademáis de Miriam Elena Cortés, nos permitirá escoitar a Ramón Yzquierdo, Ramón Mariño, pasear a cidade da Coruña…

Se queres asistir a esta primeira palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies